miércoles, 11 de noviembre de 2020

O MAGOSTO 2020































































A pesares do Protocolo decidimos celebrar o Magosto con tódalas medidas de seguridade que está ao noso alcance. Comezamos o día cun pequeno Obradoiro de diademas con motivos do outono. A continuación puidemos disfrutar dunha conta contos por videoconferencia. Celtia Figueiras nos acercou ao marabilloso mundo de "Ula lúa?".  Seguidamente puidemos rematar de fabricar as nosas diademas, as cestas para os bullotes e o noso incríble "Photocall" do Magosto. A nosa cociñeira Toña preparounos uns pratos típicos da festividade para rematar o día con xogos tradicionais e, como non, sufrindo a nosa fartura de bullotes.